O martes 23 de xuño o parlamento de Galicia aprovou por unanimidade a Proposición Non de Lei 08/PNP-0061 (1744) que insta ao Goberno central a solucionar o agravio comparativo no que se atopan as enxeñeras en informática, nos seguintes puntos:
- A definición dun marco normativo para os estudios universitarios de informática en igualdade de condicións que o resto das enxeñarías.
- A aprovación dunha Lei que regule as atribucións profesionais da enxñaría inforática
- A creación dos Consellos Xerales de Colexios de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática
Dende o CPETIG queremos agradecer a todos o parlamentarios que votaron favorablemente esta PNL e que nos están apoiando na defensa do noso colectivo.

A Aula FEUGA Formación, en colaboración con AENOR celebra os vindeiros 23, 24 e 25 de marzo o curso Dirección e Xestión de Proxectos. Os obxectivos do curso son entre outros aprender a planificar e xestionar de xeito eficaz os proxectos empregando para elo as ferramentas e técnicas máis convenientes en cada caso; e o desenvolvemento das competencias profesionais dos asistentes relacionadas coa planificación, execución, liderazgo e control de proxectos.
Unha dictame xurídica realizada polo Catedrático de Dereito Administrativo D. José María Baño León, por encargo da CODDI, conclúe que a profesión de Enxeñaría Técnica en Informática é unha profesión regulada pola Lei 12/86. Este informe conclúe entre outros puntos os seguintes:
O Colexio (a través da súa Área de Infrastruturas, Recursos e Servizos) e pQliar veñen de asinar un convenio de colaboración pola que esta última achégalle ós colexiados servizos e ofertas en condicións vantaxosas en restaurantes, hoteles, centros de negocio, café-pubs e tendas.pQliar é unha selecta e minuciosa selección de empresas que distingue a aqueles establecementos que destacan pola súa orixinalidade, a súa diferenciación, o seu carácter e a súa personalidade.
O 20 de setembro celébrase o
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia fai a súa declaración institucional ante o día de Internet e o día da Sociedade da Información. Neste Manifesto o colexio avoga por levar a Rede e a xeración de redes de cooperación a tódolos ámbitos; pola inclusión de todos os territorios e tódolos colectivos na nova Sociedade; pola unión, dentro da diversidade e con respeto á diferencia, de todos os colectivos de profesionais con competencias TIC para dar resposta e afrontar de xeito común os retos os que se enfronta Galicia; polo recoñecemento do papel chave que xogan as enxeñarías en informática no proceso;



